lunes, 31 de enero de 2022

Conciencia fonolóxica

 Ola nenos e nenas!

Na sesión de hoxe imos traballas a conciencia fonolóxica. Primeiro temos que imprimir a seguinte imaxe:




Neste exercicio temos que escribir no recadro a primeira letra do nome da imaxe. Por exemplo, se no debuxo aparece unha flor, teremos que escribir a F.

Aquí tedes máis imaxes para que practiquedes. 






martes, 25 de enero de 2022

LETRAS


Boas tardes amigos e amigas!

 

Na sesión de hoxe imos practicar movementos coa boca facendo o mesmo que sae no vídeo, para iso debemos premer aquí.



   


Agora toca xogar un pouquiño ao xogo das  Burbullas. Neste xogo tedes que explotar as burbullas das letras que os mandan.

 


miércoles, 19 de enero de 2022

As vogais

 

Bos días a todos e todas!


Hoxe déixovos unhas actividades para facer a mañá máis entretida!




Na primeira, temos que premer no conto do  O mono MingoE teremos que facer o que el nos pida.




Agora, imos xogar un pouco. Para iso, temos que premer no xogo As vogais.


Neste xogo, un peixe globo quere practicar as vogais contigo. Para axudalo debes explotar todas as burbullas da vogal que indicadas na explicación.

lunes, 17 de enero de 2022

RESPIRA

 Ola nenos e nenas!

Comezaremos a sesión de hoxe con este conto, a través do cal aprenderemos a relaxarnos. Para así, comezar a traballar máis tranquilos.Ola nenos e nenas!

Comezaremos a sesión de hoxe con este conto, a través do cal aprenderemos a relaxarnos. Para  comezar a traballar máis tranquilos.


https://www.youtube.com/watch?v=ibJFHBTWBDA&t=26s


Agora que xa estamos relaxados, comezaremos a actividade. Ímos xogar ao “veo, veo”.





Neste xogo, un dos xogadores elixe un obxecto da imaxe, pero non di cal, e di en voz alta:

-       Veo, veo

O resto dos xogadores preguntan:

-       Que ves?

O xogador que elixiu o obxecto, responde:

-       Unha cousiña....

E describe un pouco o obxecto, di o color ou a letra pola que empeza... 

O resto dos participantes teñen que adiviñar de que obxecto se trata.