jueves, 21 de enero de 2021

XOGAMOS?

Moi boas a todas e todos!!!

Estrenamos blog de AL e como non facémolo xogando!!  Vouvos propoñer uns xogos semanais para que poidades disfrutar dende a casa con papá, mamá, os avós, irmanciños...  Veredes que divertido!! Imos alá!!!!


1. MAXIA BAIXO O PANO

1º) Elixe 3 obxectos e colócaos en liña


2º)  Tápaos con un pano e intercambia de lugar algún obxecto.



3º) Saberías decir cales se moveron? SI?? Efectivamente, o tren e o peixiño. XENIAL!!!!



     Agora ímolo intentar con 4 obxectos. Cales se moveron? Siiii, o tren e a coliflor, moi ben!


Estupendo, pois agora que xa sabedes como é, podedes xogar todo o que queirades, coa dificultade que que vos apeteza: poñendo máis obxectos, movendo máis de dous... ÁNIMO, INTENTÁDEO!!!




2. MENUDA CABEZA QUE TEÑO!





Ben, xa puxemos a proba a memoria visual, agora imos comprobar que tal andamos de memoria auditiva.

1º) Mamá, papá ou a persoa coa que xoguedes ten que decirvos 3 palabras. Por exemplo: Mesa, silla, camisa.

2º) De repente, vaise volver un pouco papanatas e vai a repetir esas palabras esquecéndose de algunha.  Tedes que estar ben atentos e atentas e decirlle de cal se olvidou. Por exemplo: Mesa, camisa.  Esquecéuse de silla. Menuda cabeza!! 

3º) Podedes ir aumentando pouquiño a pouco a dificultade engadindo máis palabras, esquecendo máis de unha...




3. ADIVIÑA O SON QUE FALTA















Ben, agora imos facer o mesmo que no exercicio anterior, pero esta vez con sons:

1º) Pronunciamos 3 sons e despois repetímolos esquecéndonos de 1 para adiviñar cal faltou. 

2º) Comezamos primeiro con onomatopeas (auuuu, chas, plas, brrrr...).  Despois empregamos fonemas, para os máis pequenos soamente as vogais (aaa, ssss, ddddd, rrrrr, eeee, ooo...).

3º) Tamén podedes aumentar a dificultade pronunciando máis de 3 sons e esquecendo máis de 1.



4. DISCRIMINA S/Z 

Para rematar, premede neste enlace do BLOG SIEMBRA ESTRELLAS 

Nesta actividade, tedes que averiguar para que casiña vai cada unha das imaxes que vos vai saíndo.  Para a casiña ROSA van todas aquelas imaxes que teñan /SA/.  Para a casiña VERDE van todas aquelas imaxes que teñan /ZA/ (fíxate nas boquiñas que hai debaixo, en como colocan a lingua e os dentes).   As palabras que non teñan ningunha das dúas van para a pepeleira.



ESPERO QUE VOS GUSTEN MOITO ESTES XOGOS!!!! ATA A PRÓXIMA SEMANA!!!