jueves, 10 de febrero de 2022

Así es mi corazón

Ola nenos e nenas!

Na sesión de hoxe imos ver o conto  Así es mi corazón.

Agora podedes debuxar o voso corazón e todo o que gardades dentro del.

 



 A continuación, traballaremos a S, a través dunha ficha interactiva ficha interactiva da S. Teredes que colocar os debuxos que empecen por S, na letra.

lunes, 7 de febrero de 2022

A PALABRA SECRETA

Ola nenos e nenas!

Hoxe imos por a proba a nosa memoria xogando ao  Memory.

Terás que voltear as tarxetas con animais e intentar atopar as súas parellas.






 

Agora toca atopar a palabra secreta. Terás que imprimir esta imaxe e colocar a inicial de cada debuxo no seu recadro e así atoparás a palabra secreta.

 



jueves, 3 de febrero de 2022

VOY A COMEDTE

 

Boas a todos e todas!

 

Hoxe toca traballar as vogais, pero antes imos ver o conto Voy a comedte.






No seguinte exercicio, temos que imprimir a imaxe e despois, imos rodear o debuxo pola vogal que se indica ao comezo da sílaba.

 


 

A continuación temos que completar con vogais. 





lunes, 31 de enero de 2022

Conciencia fonolóxica

 Ola nenos e nenas!

Na sesión de hoxe imos traballas a conciencia fonolóxica. Primeiro temos que imprimir a seguinte imaxe:




Neste exercicio temos que escribir no recadro a primeira letra do nome da imaxe. Por exemplo, se no debuxo aparece unha flor, teremos que escribir a F.

Aquí tedes máis imaxes para que practiquedes. 






martes, 25 de enero de 2022

LETRAS


Boas tardes amigos e amigas!

 

Na sesión de hoxe imos practicar movementos coa boca facendo o mesmo que sae no vídeo, para iso debemos premer aquí.



   


Agora toca xogar un pouquiño ao xogo das  Burbullas. Neste xogo tedes que explotar as burbullas das letras que os mandan.

 


miércoles, 19 de enero de 2022

As vogais

 

Bos días a todos e todas!


Hoxe déixovos unhas actividades para facer a mañá máis entretida!




Na primeira, temos que premer no conto do  O mono MingoE teremos que facer o que el nos pida.




Agora, imos xogar un pouco. Para iso, temos que premer no xogo As vogais.


Neste xogo, un peixe globo quere practicar as vogais contigo. Para axudalo debes explotar todas as burbullas da vogal que indicadas na explicación.

lunes, 17 de enero de 2022

RESPIRA

 Ola nenos e nenas!

Comezaremos a sesión de hoxe con este conto, a través do cal aprenderemos a relaxarnos. Para así, comezar a traballar máis tranquilos.Ola nenos e nenas!

Comezaremos a sesión de hoxe con este conto, a través do cal aprenderemos a relaxarnos. Para  comezar a traballar máis tranquilos.


https://www.youtube.com/watch?v=ibJFHBTWBDA&t=26s


Agora que xa estamos relaxados, comezaremos a actividade. Ímos xogar ao “veo, veo”.





Neste xogo, un dos xogadores elixe un obxecto da imaxe, pero non di cal, e di en voz alta:

-       Veo, veo

O resto dos xogadores preguntan:

-       Que ves?

O xogador que elixiu o obxecto, responde:

-       Unha cousiña....

E describe un pouco o obxecto, di o color ou a letra pola que empeza... 

O resto dos participantes teñen que adiviñar de que obxecto se trata.